03/11/22
Radio Monelos: María Casares
02/11/22
01/11/22
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO CONCURSO EXPERIMENTOS DE FÍSICA E QUÍMICA
Bases do concurso
1. O concurso está organizado polo departamento de física e química do IES Monelos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.
2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado na inquedanza investigadora no ámbito das ciencias. Expecialmente na física e química.
3. No concurso poderá participar o alumnado de 3º e 4º de ESO. O experimento terá carácter voluntario.
4. A proba consistirá na elaboración dun vídeo caseiro sobre un ensaio relacionado coa materia de física e química. A exposición descriptiva terá que realizarse en lingua galega.
5. O xurado estará formado por un representante do departamento de física e química, educación plástica e visual e o representante do equipo de dinamización da lingua galega.
6. A entrega dos vídeos realizarase antes do mércores 30 de novembro.
7. O mércores 14 de decembro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos videos gañadores.
8. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € •
9. O xurado poderá declarar deserto calquera delas no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados.
10. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.
hydn no IES Monelos
A cantante hydn (exalumna do IES Monelos) dará unha charla no centro sobre o seu proxecto musical e a súa experiencia como neofalante na nosa lingua o próximo martes 8 de novembro ao alumnado de 1º de bacharelato.
A actividade está organizada polo EDLG do instituto.
XIII día da Ciencia en Galego
Información en cienciaengalego.org
Os homenaxeados Evariste Galois e Ángeles Alvariño González.
Évariste Galois cambiou as matemáticas, pero tamén a Arte, a Física, a Química, a Xeoloxía inventando o concepto de grupo e aínda o de grupo de Simetría. Hoxe podemos citar 800 libros que falan da Teoría de Galois en Mecánica Cuántica, dos Grupos de Simetría en Cristalografía e Química ou dos 17 grupos de Simetría planos que permiten facer todos os deseños tipo wallpaper posibles no plano, etc. Ou os de 3 dimensións que explican a cristalografía.
31/10/22
30/10/22
29/10/22
28/10/22
27/10/22
Radio Monelos: Historia do Samaín
@s alumn@s do IES Monelos Raúl Orosa Sanjuan e Noa Vázquez Fuentes descúbrennos neste programa de Radio Monelos o significado das palabras de Samaín e Halloween. Son comúns?, De onde procede a súa orixe?
Esperando que este programa sírvanos para iluminar esta noite defuntos deste outonal novembro.
Para os aficcionados ao cómic e a lectura en xeral tedes un libro de Pepe Carreiro da serie os Barbanzós que se titula "A noite do Samaín" e que vos pode abrir, de forma divertida, o camiño.
Uns noivos de Vigo levarán un tradutor galego á voda civil porque a xuíza só oficia en castelán
Viva o país do bilingüismo harmónico!
Información de E.V. Pita en La Voz de Galicia
Fotografía dos xulgados de Vigo
26/10/22
Cociña de outono. IES Monelos (26/10/2022)
Entrevista de Radio Monelos a algún dos participantes
25/10/22
Radio Monelos: lectura do conto de Rafael Dieste "Sobre a morte de Bieito"
Conto publicado no libro "Dos arquivos do Trasno". Lectura realizada polos alumnos de 4º ESO A Enrique Alonso e Lucas Eiroa por iniciativa do EDLG e o Club de Lectura do IES Monelos.
Radio Monelos: programa sobre o Magosto
Programa sobre o Magosto realizado polas alumnas de 1º ESO B: Claudia Aparicio, Lara Beade e Sara Díaz,
24/10/22
BASES DO CONCURSO LITERARIO DE RELATOS DE TERROR DO IES MONELOS 2022
23/10/22
Galiza Cultura achega a obra completa de Manuel Lourenzo
Despois de tres anos de edición, coa colaboración do propio autor, o conxunto xa está dispoñíbel.
22/10/22
Entrevista ao músico: James Rhodes: "Cando era pequeno e o mundo estaba bastante complicado Chopin sempre foi o meu refuxio"
James Rhodes é un declarado admirador de Galicia. Un entusiasmo que se percibe desde o comezo desta conversa con motivo da súa actuación no ciclo Noites do Porto da Coruña este domingo, na que tocará por primeira vez un repertorio íntegro de Chopin.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
21/10/22
MARÍA CASARES NA CORUÑA
Vídeo elaborado pola Biblioteca de Estudos Locais e presentado pola súa directora, Milagros García Pérez, no que se recollen testemuños bibliográficos, documentais e gráficos da presenza de María Casares na cidade da Coruña. De entre todos eles, escolléronse aqueles que se poden consultar nas institucións públicas da cidade: a Biblioteca de Estudos Locais, o Arquivo Municipal, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, o CGAI, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés, o Palacio Municipal de María Pita, a Casa Museo Casares Quiroga, a Fundación Luis Seoane, o Arquivo do Reino de Galicia e a Real Academia Galega.
Xabier Cid relata a súa experiencia laboral como rider en Escocia
"Era moito máis precario 'Memorias dun neno labrego' que isto"
Información de Ana G. Liste en Praza Pública
A Pedreira presenta... Segmento Cantábrico - "Ser un máis"
Estes dous videoclips de presentación do primeiro traballo en solitario de Ugia Pedreira, A Pedreira, completan un proxecto que incluía tamén CD, exemplares do poemario "A fuxida" e un concerto.
O primeiro dos videoclips, baseado no tema "Ser un máis", está elaborado con debuxos de Roque Treinta e animación de Xavier Belho. O segundo, "Mares sucados", presenta danzas de diferentes estilos. Para este proxecto,
A Pedreira contou tamén coa colaboración de Pierre-Yves Rougier, Marina Oural (dirección escénica), Alberto Casas (iluminación) e Xurxo Pinheiro (son).
20/10/22
II Concurso IES Monelos de Cociña de Outono
Organizado polo EDLG
Bases do concurso
1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro.
2. Presentaranse os pratos a primeira hora do mércores 26 de outubro no corredor de entrada do centro.
3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego.
4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante.
5. O primeiro premio terá un valor de 30 €.
6. O segundo premio terá un valor de 20 €.
7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores.
8. Durante o segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro.
9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
19/10/22
Sae á luz a 'Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo'
Unha asociación portuguesa publica a maior antoloxía de textos teatrais en galego
18/10/22
17/10/22
16/10/22
15/10/22
Entrevista a Ángeles Huerta directora da película "n'O corpo aberto"
"Ancorarse ao concreto é a maneira de facer universal calquera proposta artística"