Amosando publicacións coa etiqueta violencia machista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta violencia machista. Amosar todas as publicacións

24/07/21

04/10/20

Na Galiza hai menos denuncias pero a mesma percepción de violencia machista

O Tribunal Superior de Xustiza sitúa Galiza como o terceiro territorio con menor taxa de violencia de xénero unha tendencia que se mantén desde 2018. Porén, outras fontes como a macroenquisa realizada polo Ministerio de Igualdade detectan que la violencia machista opera na mesma medida que no resto do Estado español. 

Información de A. Barbadillo en Nós Diario


 

25/11/19

25 de novembro. Contra a violencia contra a muller

Vídeo elaborado polo departamento de Música do Colexio Concepción Arenal de Ourense, baseado no vídeo de Matriarcas de Guadi Galego e enmarcado na conmemoración do día contra a violencia de xénero no 2017.

Punto final á violencia de xénero 

 

23/11/19

Mulleres leoas

Orgullosa de coñecer a mulleres como Rosa Martínez, dispostas a compartir a súa terrible experiencia como vítima dun maltratador para axudar a outras mulleres a saír desa situación. Feliz de vela bailar de novo.




05/10/19

16/09/19

Dúas das tes mulleres asasinadas non serán oficialmente vítimas da violencia machista

Eran Sandra, de 39 anos; María Elena, de 58; e Alba, de 27. O home do que Sandra levaba máis dun ano divorciada acudiu á vivenda que noutrora compartiran para asasinar á que fora a súa parella; ao velo chegar, a nai e mais a irmá da muller saíron da casa e José Luis Abet, asasino confeso, disparou mortalmente tamén contra elas. No entanto, nin Elena nin Alba constarán nas estatísticas oficiais das vítimas mortais da violencia de xénero.