Amosando publicacións coa etiqueta traballo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta traballo. Amosar todas as publicacións

02/04/22

Radiografía dos accidentes laborais: tres mil persoas morreron no traballo nas últimas tres décadas en Galicia

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Concentración na refinería de Repsol na Coruña despois da morte dun dos traballadores e gráfica coa evolución dos accidentes laborais mortais en Galicia CC-BY-NC-SA Foto: CIG | Montaxe: Praza.gal

 

10/03/22

Fálase | Mulleres do mar e da memoria do 10 de marzo de Ferrol

 Información en Praza Pública

Sari Alabau e outros militantes que participaron nas históricas mobilizacións do 10 de marzo e o mar de Terra Nova CC-BY-NC-SA Montaxe: Praza.gal | Foto 10 de marzo: @borja_srt | Foto Terra Nova: © JRCC Halifax | Imaxe Fálase: © Isabel Vila

O 10 de marzo, 50 anos despois: o día que o movemento obreiro fixo abalar a ditadura en Ferrol

 Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Manifestación día 10 de marzo. Fotografía de Abel López. Arquivo da Fundación 10 de Marzo © Fundación 10 de marzo

 

05/03/22

A voz das últimas cigarreiras coruñesas. Lembranzas do tempo ido

 Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos —agora convertida en Audiencia Provincial— pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como —pasados xa case 20 anos do peche da Palloza— seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica, as dificultades para compaxinar traballo e familia... e, sobre todo, a dor e a tristura dos últimos días como cigarreiras.

Unha obra das historiadoras Ana Romero e Xulia Santiso. 



16/02/22

Naufraxio en Terranova: O terceiro sobrevivente do "Villa de Pitanxo" é un mariñeiro de Marín nacido en Ghana

 Información en Praza Pública

 15/2/2022 Un pesqueiro con base en Marín naufraga en Terranova e son rescatados tres dos seus 24 tripulantes. A alerta do Villa de Pitanxo recibiuse ás 5:24 da madrugada do 15 de febreiro -hora galega- e cinco horas despois foron achados tres sobreviventes. Pesqueiros galegos e portugueses e os servizos de rescate do Canadá colaboran nos labores de rescate, que xa recuperaron 10 corpos sen vida.

 


03/02/22

Elas, produtoras executivas

Peza audiovisual destinada a poñer en valor o traballo invisible das mulleres na produción e mostrarlles referentes femininos ás xeracións máis novas, toda vez que Galicia é unha excepción no Estado polo maior número de mulleres con cargos directivos nas produtoras. 
 Dirixida e protagonizada por elas, quere darlles voz a todas as produtoras que fan posible un audiovisual rico e diverso: Chelo Loureiro, Paula Cons, Nati Juncal, Jaione Camborda, Luisa Romeo, Laura Doval, Mercedes Nieto, Andrea Vázquez, Nina Hernández, Amalia Mato, Silvia Fuentes, Ruth Chao, Beli Martínez, Gael Herrera, Eva Rivas, Inma Castaño, Zaza Ceballos, Mamen Quintas e Emma Lustres. Elas reflexionan sobre o camiño, os logros e fracasos, a conciliación, da autoesixencia, a competencia, os complexos, o machismo, a vulnerabilidade e a aceptación.
 

24/12/21

O Goberno de España pacta a reforma laboral con CC.OO, UGT e a patronal CEOE

 Información en Praza Pública

Yolanda Díaz, con representantes de CC.OO., UGT, CEOE e CEPYME, cos que o Goberno de España acordou a reforma laboral © Ministerio de Traballo