11/10/23
07/10/23
Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos
En 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos co impulso dunha parte do estudantado da Universidade de Compostela, como Fermín Bouza-Frey ou Xosé Filgueira Valverde, que contaban coa colaboración de profesores como Armando Cotarelo, e ao que se sumaron intelectuais do galeguismo e profesionais, como Isidro Parga Pondal que encabezará a sección de Xeoquímica.
Con máis de 200 socios e socias activas e arredor de 400 persoas que actuaban de protectoras, o obxecto de estudo do SEG foi Galiza no seu conxunto. A metodoloxía céntrase na investigación de campo, nas denominadas xeiras, e a publicación 'Terra de Melide' é froito deste enfoque integral e multidisciplinar.
O golpe de 1936 marca diferentes destinos para quen integra o SEG que, finalmente, é disolto en 1941.
Con motivo do centenario da súa fundación, Nós Televisión produce este documental sobre esta institución que foi clave para o noso país. No audiovisual percórrese a historia do Seminario a través do seu legado e das persoas que nos poden contar del. Todo, coa colaboración especial da USC e co apoio do Museo de Pontevedra, Concello de Santiago, Concello de Ames e Xunta de Galicia.
02/10/23
10/09/23
10/08/23
05/08/23
02/08/23
30/07/23
29/07/23
28/07/23
27/07/23
26/07/23
24/07/23
23/07/23
01/07/23
26/06/23
17/06/23
12/06/23
Exército Mekemeke | 2x28 | Premio Calidade Lingüística
Chegou o ansiado día no que La Voz de Galicia ten a portada en galego ou no que na Radio Galega fan apoloxía da galegofobia. Si amiguiños e amiguiñas, é o Día das Letras Galegas, o día no que a todo o mundo se lle ocorre a palabra máis bonita da lingua de Rosalía... mais podes estar tranquilx, no exército mekemeke pasamos dese tipo de programas e reivindicamos a nosa lingua como se merece.