Amosando publicacións coa etiqueta normalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta normalización. Amosar todas as publicacións

22/03/24

Monelos no Ar. Programa nº 4 en directo

Programa coordinado polas profesoras Mónica Alonso e Elena Conde.

Na técnica Alejandro Lorenzo (1º Bac)

Na condución Raúl Orosa e Eva Paz (2º ESO)

O sumario estivo centrado en dous aspectos:

1º As Olimpiadas europeas

2º Entrevista ao profesor de lingua e literatura castelá do noso centro Antonio Frade Fraga.

Emitido e gravado (22 de marzo de 2024)

 

21/03/24

Radio Monelos: Elas foron. As costureiras

Programa elaborado polas alumnas de 2º de ESO Inés Insua e Eva Paz

Primeiro anuncio publicado en galego na revista "O Tío Marcos d'a Portela" en 1876  é dunha máquina de coser
María Miramontes, galeguista e muller do editor de "Nós" Ánxel Casal, exerceu a profesión de modista na Coruña
Comisión que entrega nas Cortes da II República o Estatuto galego refrendado en xuño de 1936. A  única muller presente na fotografía é María Miramontes.

Radio Monelos: Elas foron. As peixeiras

 Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Daniela Barro e Laura Virosta


 

17/03/24

Gañadoras do concurso do "Día da nena e da muller na ciencia" (11 de febreiro) e "Día da muller" (8 de marzo) do IES Monelos

As alumnas que se mencionan foron as gañadoras do concurso do "Día da nena e da muller na ciencia" e do "Día da muller" 2024 organizado pola Biblioteca e EDLG do IES Monelos. A entrega dos premios realizouse o xoves 14 de marzo. Parabéns ás gañadoras!

Zeltia Deus Martín (1º ESO A)

Iria Hidalgo Novo (2º BAC A)

Noa Vázquez Fuentes (2º ESO A)

Laura Virosta Peón (1º ESO B)

06/03/24

Radio Monelos: as cigarreiras e a lectura

 Programa elaborado polas alumnas de 2º ESO Inés Insua e Eva Paz


 

Radio Monelos: programa de Elas Foron sobre as cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña

Centrados no 8 de marzo desde Radio Monelos inauguramos un novo programa sobre a muller coruñesa na historia. Neste caso imos falar de colectivos de mulleres traballadoras da nosa cidade iniciándoo coas cigarreiras.

Realizaron este programa as alumnas de 1º de ESO Daniela Barro e Iria Durán.