Amosando publicacións coa etiqueta mundo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mundo. Amosar todas as publicacións

12/10/22

O xornalista Bruno Carvalho deixa o Donbass medio ano despois: aquí podes reler o seu traballo

 'Nós Diario' recompila as crónicas do xornalista luso nestes sete meses nos que residiu en Donetsk para informar dos avances da guerra desde o terreo. 

Información en Nós Diario

  Bruno Carvalho, em um prédio derribado no Dombass. (Foto: Nós Diario)


 

25/06/22

IALMA: cantares de lonxe

 IALMA é un grupo de música formado por catro mulleres belgas de nacemento pero galegas de paixón e corazón; mulleres concienciadas coa esencia máis tradicional do pobo galego, a música e a cultura. 

Fillas de inmigrantes galegos en Bélxica, comezaron a súa traxectoria no ano 2000 no ámbito do Centro Galego de Bruxelas, como un grupo de pandereteiras que acompañaba aos bailaríns, convertíndose pouco a pouco nun grupo de música independente. 

Cun estilo moi particular, tocan a pandeireta e cantan cancións tradicionais galegas adaptándoas ao seu estilo "Todo noso traballo está baseado na tradición, polo que a cultura e a música tradicional galega é o que nos define”. 

 Teñen no mercado 5 álbumes de gran éxito comercial e a súa evolución a estilos máis actuais e contemporáneos, lonxe de separalas das súas raices provoca todo o contrario, unha exaltación da identidade galega. 

Verónica Codesal é a alma do grupo, profesora de música en Bruxelas ten un grupo propio “Urban Trad” co que representou a Bélxica en Eurovisión no ano 2003 tocando unha gaita galega. Anos máis tarde chegou novamente á fase final do concurso de selección cunha canción nas dúas linguas que a definen, o francés e o galego. 

Teñen participado nos mellores festivais de música folk, de raíz, de fusión e divulgación e moitos dos seus traballos reflexan a historia dos emigrantes galegos a través do mundo. Atrevéronse a versionar ao galego temas de grupos moi coñecidos como "Under the bridge" de The Red Hot Chili Peppers ou “ Walk like an Egyptian” de The Bangles que elas titularon “Like an Galician”. 

Neste ano 2022 IALMA volve por segunda vez a Galicia para a presentación do seu novo disco, CAMIÑO, de Bruxelas a Santiago, con cancións do exilio, un alento cheo de diversidade e música de raíz que interpretan cunha nova visión adaptada aos novos tempos. 

 


"O nivel de represión contra Assange é proporcional ao reto que Wikileaks supón para os grandes poderes"

 Entrevista a Víctor Sampedro catedrático de opinión pública e comunicación política da URJC.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública


 

04/04/22