Amosando publicacións coa etiqueta mar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mar. Amosar todas as publicacións

30/06/23

Entre quenllas e raias

O proxecto Contee estuda a conetividade espacial e ecolóxica dos elasmobranquios costeiros no Parque Nacional Illas Atlánticas, co obxectivo de avaliar e reforzar a conservación.

17/06/23

Unha ducia de imaxes do vello Samil que agora inicia a súa recuperación

Repasamos as fotografías históricas do proxecto para a primeira fase de restauración das dunas da praia viguesa que ten a exposición pública a Dirección Xeral da Costa, unha actuación que comezará polo norte do areal coa retirada de 450 metros do paseo e a construción dun novo a metade de curto e máis estreito 25 metros terra adentro. O obxectivo final será retranquear dous quilómetros de paseo, ata a desembocadura do río Lagares, pero mantendo a Avenida de Samil mentres non se desenvolva un vial paralelo interior previsto no PXOM da cidade.

Información de David Reinero en Praza Pública


 

04/06/23

Cabanas, Galiza-Praia de Chamoso

No corazón do Golfo Ártabro, no concello de Cabanas, podemos atopar unha das derradeiras fragas marítimas que na actualidade se conservan en toda a Europa Occidental. Este fermoso tramo costeiro vese salpicado por unha serie de calas e pequenas praias entre as que destaca pola súa beleza e a súa bravura a de Chamoso. Exposta aos ventos dominantes do oeste, en inverno a forza do océano penetra no corazón da ría e deixase sentir na súa paisaxe,, modelada na súa constante loita contra o mar. Aínda así o máis característico deste espazo e o pequeno bosque de frondosas que xurde na mesma beira. Unha reliquia doutros tempos absolutamente desprotexida e profundamente ameazada polo urbanismo salvaxe e descontrolado. Gravouse o vídeo para divulgar, educar e contribuír á súa protección. Esperamos que sirva de algo.

22/05/23

Proxecto Terra: Ferrol-Fragas do Eume (18-19 de maio)

 Actividade na que participou o alumnado de 4º ESO do IES Monelos

Museo de Construción Naval de Ferrol

Arquitectura e urbanismo no barrio da Madalena e Ferrol Vello 

 Navegando pola ría de Ferrol

Visitamos o Castelo de San Felipe

Hospedámonos en "Alvarella"

No Museo Etnográfico da Capela

Andaina polas Fragas do Eume

06/04/23

Galiverso somerxido: como se fixo

«Galiverso somerxido» é unha viaxe única para descubrir o patrimonio galego oculto baixo as nosas augas. Montados nun batiscafo e coa axuda das lentes de realidade virtual, exploramos os fondos mariños da costa galega, aprendendo sobre a fauna e flora que habita neles, así como sobre episodios históricos singulares nos que o mar foi protagonista. 

A produción do Galiverso somerxido supuxo importantes retos para a captura das imaxes submarinas: pouca visibilidade, inmersións a gran profundidade (ata 38 metros), limitacións de tempo de traballo (10 minutos por cada inmersión), o deseño dunha cámara 360º con carcasas específicas para a gravación en estéreo e tamén a creación en 3D do batiscafo virtual desde o que se vive a experiencia. 

Superar estes desafíos implicou a participación de expertos de diversos ámbitos: submarinismo, historia da arte, comunicación e divulgación, bioloxía, arte dixital, patrimonio, etc., dando como resultado unha experiencia de realidade virtual como nunca antes se fixo en España. Realizáronse un total de 18 inmersións en 12 xornadas que incluíron probas de iluminación, a fotogrametría de máis de 200 m² do fondo mariño e vídeos en 360º realizados con distintos tipos de cámaras e un ROV submarino. 

23/11/22

Radio Monelos: novembro mes da ciencia en galego. Programa sobre a oceanógrafa Ángeles Alvariño

 Programa elaborado pol@s alumnos de 2º ESO A Catalina Bago Pérez e José Luis Bermúdez Huertas para conmemorar novembro como mes da ciencia en galego. Este ano está centrado sobre a figura da oceanógrafa galega Ángeles Alvariño. Ano das ciencias básicas para un desenvolvemento sostible.