Amosando publicacións coa etiqueta igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta igualdade. Amosar todas as publicacións

28/01/22

Elisa e Marcela en 10 imaxes

 Documental en 10 breves capítulos que conta a historia do matrimonio de Elisa e Marcela na Galicia de comezos do século XX. O casamento converteuse nun suceso con repercusión internacional coñecido como o "matrimonio sen home". O audiovisual percorre os ugares polos que transcorreu a vida das dúas mulleres protagonistas: 10 puntos da Coruña; a cidade do Porto e Buenos Aires, onde, como tantas galegas da época, acabaron a súa viaxe. Complétase coas historias paralelas de Picasso e de Sellier, o fotógrafo que as retratou, autor da primeira película española.

24/12/21

'Xogamos pola igualdade': consellos dende Lugo para agasallar con xoguetes alén dos clixés

 Información en Praza Pública


Ilustración da Joaquín París para a 'Guía de xogos e xoguetes non sexistas' editada pola Casa da Muller do Concello de Lugo © Joaquín París/Concello de Lugo

 

24/12/20

O Rural de Todas (Documental)

 O proxecto audiovisual "O rural de todas" está promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e ten como obxectivo contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres do rural. A través do documental relátanse historias e experiencias diversas que axuden a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade.

31/10/20

O mundo desde aquí | A crítica feminista para a cooperación internacional ao desenvolvemento

 Dentro do Ciclo de Charlas e Libros organizadas polo IGADI, o 28 de outubro participou María Reimóndez, escritora, tradutora, activista e estudosa dos feminismos globais. 

En 2014 publicou "A alternativa está aquí" (Xerais) 

Presenta: Montserrat Pintado Lobato, profesora de Relacións Internacionais da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC.

10/10/20

Galego de todes? Reflexións sobre linguaxe inclusiva e non binaria

 Os movementos sociais veñen xerando novos debates e esixindo que as súas reivindicacións sexan escoitadas. Isto abrangue tamén a linguaxe, construída nun sistema patriarcal que tende a ficar atrás do sentir das rúas. Abrimos o debate da linguaxe inclusiva e non binaria no contexto galego. Precisamos normas propias, as que indiquen a RAE ou no Brasil, ou non precisamos normas? Pode a linguaxe mudar as normas sociais hexemónicas, mudar o mundo? Afondamos nestas e outras cuestións con:

- Gael Martins, do Colectivo Transfeminista Ninguém Sem Coidados. 

- Susana Rodríguez Barcia, profesora contratada doutora en Lingua Española na UVigo.

- Henrique Monteagudo, coordinador do Seminario de Sociolingüística da RAG. 

- Daniel Amarelo, activista, investigador e editor na Através Editora.

 


03/07/20

Aprende coas mulleres galegas. Nova unidade adicada a María Barbeito

Nova unidade adicada a María Barbeito, a introdutora do método Montessori en Galicia publicada pola Secretaría Xeral de Igualdade.
 

22/06/20

Cinema en feminino

Unha escolma de obras, diferentes autoras e abondosas asistentes poden abranguer todo un arco evolutivo en FEMININO: as idades da nena, da moza, da muller, da velliña. Cinema espido como conforto. E como tributo a esa nudez, un acceso á cultura que eslúa gromos, expanda anhelos e combata superficies perigosas.