Amosando publicacións coa etiqueta fútbol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fútbol. Amosar todas as publicacións

20/08/23

España é campioa do Mundo de fútbol con Tere Abelleira como unha das pezas chave do equipo (1-0)

 O cambio de xogo da pontevedresa orixinou a xogada do gol da Selección Española

Información de Silvia Carregal en As Nosas

Teresa Abelleira coa selección española na final do Mundial de fútbol
 
O concello da Coruña instalou pantallas para seguir o final do Mundial entre España e Inglaterra

19/06/23

29/05/23

A historia da porteira Irene xa ten o seu cómic: "É un caso único no mundo"

A Universidade da Coruña (UDC) vén de publicar Irene, a porteira, un cómic que rescata nun novo formato a historia de Irene González Basanta, a historia dunha muller pioneira hai un século, cando se converteu en porteira de fútbol no equipo que ela mesma fundara, o Irene FC, do que tamén era capitá.

 Información de Miguel Pardo en Praza Pública

27/05/23

Álex Bergantiños, Lucas Pérez ou Alberto Quiles, os heroes do Deportivo

 Información de Patricia Otero en Xornal da Coruña


 

Entrevista a Ramón Usall: "Desconfío de quen pide non mesturar fútbol e política"

O historiador e escritor catalán Ramon Usall (Lleida, 1977) vén de publicar na editorial galega Menino Morreu Máis do que unhas cores (Menino Morreu), unha obra na que percorre diferentes países da Europa Occidental repasando o papel político, social e de reivindicación que moitos clubs de fútbol -tamén xogadores- teñen e tiveron na historia. O libro segue o ronsel doutros antes publicados polo autor en catalán e castelán (Futbol per la llibertat ou Futbolítica) nos que reflexiona sobre o papel político que este deporte xogou desde as súas orixes. Agora faino en galego e con especial atención a Catalunya, o País Vasco ou Irlanda, pero tamén con capítulos dedicados ao Celta e ao Deportivo. 

Información de Miguel Pardo en Praza Pública

Ramon Usall, historiador e escritor, autor de 'Máis do que unhas cores' CC-BY-SA Praza Pública - Cedida

13/05/23

Unha ducia de fitos e frases de Arsenio Iglesias: orde e talento

A Coruña, o deportivismo e todo o mundo do fútbol despediu a pasada fin de semana entre grandes mostras de cariño a Arsenio Iglesias, falecido aos 92 anos, mito do club coruñés pero unanimemente querido pola súa retranca e filosofía de vida.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

 Os Diplomáticos de Monte Alto: "Non che hai xenio como Arsenio"

 

"Arsenio, para nós sempre serás o mellor" 

 

"A xente esquecerase de min" 

06/04/23

A afección do Dépor pide "reacción" ao club

A Federación de Peñas lembra as "leccións" que dan apoiando o equipo e demanda ao club que efectúe cambios. 

Información de A. Escudero en Nós Diario

  Seareiros do Dépor seguindo a xogada de Lucas Pérez esta fin de semana en Salamanca. (Foto: RC Deportivo)