Asistimos estes días a algo insólito, a concentración de autónomos nas
prazas públicas do país reclamando políticas de apoio. Nas últimas
décadas eles pecharan comercios e bares ao paso das mobilizacións do
naval en solidariedade cos obreiros, no que parecía un recoñecemento
mutuo, ao fin, de seren clase traballadora.
Un autónomo bota o peche do seu negocio tras a súa xornada laboral días
despois de que a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA)
solicite ao Ministerio de Traballo un subsidio de 426 euros para
autónomos. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Temos novo spot publicitario dunha importante empresa galega de distribución. Parabéns pola iniciativa pero... TAMÉN SERÍA RECOMENDABLE que a súa política de empresa utilizase máis a nosa lingua nas súas actividades cotiás.
Van nove anos da edición e da publicación deste vídeo polo EDLG do CPI Virxe da Saleta de Cea. É todo un exemplo de dinamización e promoción da lingua. Non só iso: nun momento da chamada Galicia baleirada, do despoboamento... cómpre promocionar o desenvolvemento social e económicos como este pobo da provincia de Ourense famoso polo seu pan.
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.