Amosando publicacións coa etiqueta educación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación. Amosar todas as publicacións

18/05/24

«Aquí tamén se fala galego»: como unha campaña de instituto levou nun ano a nosa lingua a todo o mundo?

 Información de Ana Abelenda en Fugas de La Voz de Galicia

Os profesores Alberto Pombo e Arcadio González xunto aos alumnos Oli Rivas, Emiko Vázquez e Noa Tajes, parte do equipo da campaña «Aquí tamén se fala galego», do IES Rafael Dieste, da Coruña. ANGEL MANSO

07/05/24

Encontro IES Agra de Leborís (A Laracha) e IES Monelos

Actividade realizada polo alumnado de 1º ESO B do IES Monelos (6/52024) con outros compañeiros do IES Agra de Leborís entre Caión e Baldaio.

 
Solucionario da ximcana de Caión
 

05/05/24

4 de maio: Día da Ciencia na Rúa

O alumnado de 1º de bacharelato do IES Monelos presentou os seus experimentos, un ano máis, no Día da Ciencia na Rúa.

 

Entrevista realizada pola alumna de 1º ESO Paula Rial aos alumnos de 1º de bacharelato que realizaron os experimentos para a feira.

22/03/24

Monelos no Ar. Programa nº 4 en directo

Programa coordinado polas profesoras Mónica Alonso e Elena Conde.

Na técnica Alejandro Lorenzo (1º Bac)

Na condución Raúl Orosa e Eva Paz (2º ESO)

O sumario estivo centrado en dous aspectos:

1º As Olimpiadas europeas

2º Entrevista ao profesor de lingua e literatura castelá do noso centro Antonio Frade Fraga.

Emitido e gravado (22 de marzo de 2024)

 

13/12/23

Peche na Consellaría da representación maioritaria do profesorado á espera dunha reunión con Román Rodríguez

Esta acción chega tras o éxito das mobilizacións do profesorado galego neste primeiro trimestre e a reiterada negativa do conselleiro de Educación a recibir as organizacións que representan o 60% do colectivo docente galego.

Información en CIG-Ensino