Información de Miguel Barreiro Bugallo en Xornal da Coruña
Emisión do segundo programa en directo de "Monelos no ar" realizado este mércores 30 de xaneiro.
O programa estivo centrado sobre preguntas e respostas sobre a institucións da UE, dentro do proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, e unha entrevista ao alumno de 2º de Bacharelato Xoel Saavedra importante promesa do voleibol español.
Coordinaron o programa as profesoras Mónica Alonso e Elena Conde. Na presentación estiveron as alumnas de 2º ESO Lara Beade e Inés Insua. Entrevistou Noelia Saavedra, de 3º de ESO, ao seu irmán Xoel.
Cando Arsenio conseguiu deter un diluvio, o Dépor fixo historia. Cando o Racing decidiu abandonar os infernos, comezaron a soñar cos ceos. Cando no 92 o CD Lugo colleu con firmeza o sacho, os campos da muralla tinguíronse para sempre de vermello e branco. E cando o Celta acadou a excelencia estética dentro dun campo de fútbol, puxo a bailar "A Rianxeira" a toda Europa.
Hoxe o fútbol galego vai, de man dadas, nun novo paso que virá marcar un antes e uns despois. Porque o fútbol profesional galego: Dépor, Racing, Lugo e Celta, berra con orgullo que en Riazor, na Malata, no Anxo Carro e en Balaídos "Tamén se fala galego".
Máis información en Aquí tamén se fala
Programa elaborado polas alumnas de 1º ESO Carolina Barbeito de la Cruz e Paula Rial Cernadas