Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concursos. Amosar todas as publicacións

19/05/22

Premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia (2022)

 Premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia. 

A Comisión de Selección do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, constituída ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, seleccionou como gañadoras as seguintes curtas: 

Primeiro Premio Conto do Miño, do IES Antón Alonso Ríos. Tomiño. Pontevedra 

Segundo Premio Aturuxando nas ondas, do IES Punta Candieira. Cedeira. A Coruña 

Terceiro Premio Unha illa no medio do mar, do IES Valadares. Vigo. Pontevedra

14/05/22

Concurso galego con ciencia 2022 (2ª edición)

RESULTADOS FINAIS E GAÑADORAS DO CONCURSO

 
 
Entrega de diplomas e premios da 2ª edición do concurso "Galego con Ciencia" realizarase o luns 30 de maio no 2º recreo no Salón de Actos (Aula Xurxo Lobato)



BASES E OBXECTIVOS 
 
1. Poderá participar todo o alumnado matriculado no IES Monelos no curso 2021-2022. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o emprego da lingua galega naquelas materias nas que o galego non é a lingua vehicular na ESO (bioloxía, física e química, matemáticas, tecnoloxía, informática). Tamén preténdese que alumnado acade unha mellora no seu rendemento académico. 
 
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2022 e rematará na semana do 9 ao 13 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas. 
 
4. O concurso terá tres niveis: 
 
• 1º e 2º de ESO. 
• 3º e 4º de ESO. 
• Bacharelato. 
 
5. Tódalas semanas en que haxa concurso, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fará públicas dez preguntas, por cada unha das modalidades, relacionadas coas materias citadas na base segunda desta convocatoria. Estas deberán ser contestadas polo alumnado participante, antes das 14 horas do venres correspondente. 
 
6. O concurso será eliminatorio, organizado da seguinte maneira: 
 
• Durante a primeira semana (19 ao 22 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos sete das dez cuestións formuladas.
• Na segunda semana (do 25 ao 29 de abril) poderán continuar participando o alumnado que acerte polo menos oito das dez cuestións formuladas.
• Na terceira semana (do 2 ao 6 de maio) poderán continuar participando o alumnado que acerté polo menos nove das dez cuestión formuldadas. 
• Na derradeira semana (9 a 13 de maio) poderán ser gañadores unicamente os que acerten todas as cuestión formuladas.
 
7. O cuestionario será publicado na web do instituto e no blog do equipo de dinamización www.cotarelomonelos.blogspot.com 
 
8. O alumnado deberá responder (accedendo a través da web do instituto ou do blog do EDLG) ao formulario editado en google.docs. Nel indicarase o seu nome, apelidos, curso e grupo. É importante comprobar as respostas antes de contestar. En caso de que un concursante envíe dúas ou máis respostas só será admitida a primeira. 
 
9. O primeiro día lectivo de cada semana en que dure o concurso, farase público na páxina web e no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e na web do instituto, o alumnado que continua no concurso nos seus diferentes niveis. 
 
10. Para a elaboración e selección de preguntas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega contará co asesoramento dos departamentos citados na base segunda desta convocatoria. 
 
11. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
• 1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona. 
• 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
12. En caso de empate de gañadores a última semana o desempate farase do seguinte xeito: 
 
a) Maior puntuación nas tres semanas previas. 
b) De persistir o empate realizarase un sorteo sobre os que teñan igual puntuación máxima, tanto para o primeiro como o segundo posto. 
 
12. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

13/05/22

BASES DO CERTAME LITERARIO DAS LETRAS GALEGAS DO IES MONELOS 2022: RELACIÓN DE PREMIADOS

 

Letras galegas 2022 dedicadas á figura de Florencio Delgado Gurriarán

Composición e fallo do xurado

O xurado composto polas profesoras do IES Monelos Mª Ángeles Porto Prado, Mª Jesús Raposo Sánchez, Mª do Mar Rodríguez Iglesias e Pilar Tobar Conde fallou como gañadores/as do concurso na categoría de 4º ESO e Bacharelato:

Modalidade de poesía:

Na noite escura / Tolemia transitoria  co pseudónimo Amalia Lage da  alumna de 2º Bac. D Elena Precedo Prado.

Modalidade narración breve:

Os catro tronos co pseudónimo Lex do alumno de 1º Bac. B  Jia Hao Yang.

Entrega de diplomas e premios

A entrega dos premios realizarase o luns 30 de maio no 2º recreo no Salón de Actos (Aula Xurxo Lobato)

Bases

PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2021-2022. Para este concurso estableceranse dúas categorías: -1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO). -2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato). 
 
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. 
 
- Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres. 
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre. 
 
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados. 
 
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar. 
 
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com. No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra. 
 
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de: 
 
Modalidade de poesía 1ª categoría:               vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 1ª categoría: vale de 30 €. 
Modalidade de poesía 2ª categoría:               vale de 30 €. 
Modalidade de narración breve 2ª categoría: vale de 30 €. 
 
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 4 de abril e remata o día 6 de maio de 2022. 
 
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer o 13 de maio de 2022.
 
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno. 
 
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.

05/05/22

Entrega de premios XVII concurso de fotografía "Xurxo Lobato"

 O 4 de maio ás 19 horas fixéronse entrega no IES Monelos dos premios do XVII concurso de fotografía "Xurxo Lobato". As alumnas de 4º ESO B Soraya Martínez, Celtia Suárez e África Trillo realizaron esta entrevista ao fotógrafo Xurxo Lobato, ao concelleiro de Educación , Memoria histórica, Innovación, Industria e Emprego  do concello da Coruña Jesús Celemín e a Tino Fraga, exdirector do centro e promotor no seu inicio deste concurso. Tamén realizouse unha entrevista aos gañadores do concurso: Dan Grigore (1º premio), María Esther López (2º premio) e Silvia Ouro (3º premio).

 








02/04/22

Bases do concurso: Hai debate 2022 (2ª edición)


 BASES E OBXECTIVOS 
 
1. Poderá participar todo o alumnado 1º bacharelato matriculado no IES Monelos no curso 2021-2022. 
 
2. O obxectivo do concurso é fomentar o uso oral da lingua galega por parte do alumnado deste nivel. Por outro lado preténdese fomentar un ambiente de tolerancia dentro das discrepancias que hai dentro das opinións que mantemos as persoas. 
 
3. O concurso durará 4 semanas. Empezará na semana do 19 de abril de 2021 e rematará na semana do 9 ao 13 de maio (coincidindo coa semana das Letras Galegas). 
 
4. Desenvolverase coa colaboración do departamento de filosofía e desenvolverase nas sesións de aula destes niveis. 5. O tema escollido na fase inicial, semifinal e final quedará establecido polo departamento de filosofía. 
 
6. Estará estruturado da seguinte maneira: 
 
• Durante a primeira e segunda semana (19 ao 22 de abril e 25 ao 29 de abril) desenvolverase un debate en cada grupo (A, B, C, D). Ao remate desta quincena quedará un gañador dos grupos de A-C e B-D. 
• Na primeira semana de maio (2-6 haberá a semifinal). 
• Na segunda semana de maio (9-13 haberá a final). 
 
7. As sesións dos debates poderán ser gravadas. 
 
8. Haberá dous premios únicos por cada nivel: 
 
 • 1º Premio contará cunha dotación de 30 € para pode comprar nun comercio colaborador da zona.
 • 2º Premio contará cun vale que se poderá intercambiar na cafetería do centro Alfredo´s Bar. 
 
9. A participación neste concurso suporá a aceptación destas bases.

23/02/22

Concurso #Estiquecantas

 Rebordelos, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística,a Casa de Rosalía e a Deputación da Coruña, convoca o concurso #Estiquecantas para promover a creación de vídeos breves nas redes sociais inspirados na obra en galego de Rosalía de Castro.

Información en Portal da Lingua

Prazo de presentación do 23 de febreiro ao 15 de marzo




A Xunta pon en marcha a undécima edición do certame ‘Lingua de namorar’

 Información no Portal da Lingua

Poden presentarse mensaxes ata o 18 de marzo



18/01/22

Concurso de carteis día da paz (1º ESO)


Bases do concurso

 1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 1º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.  

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

 3. No concurso participará todo o alumnado de 1º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual.  

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia.  

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2022.  

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.   

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro.  8. A entrega dos carteis realizarase antes do venres 28 de xaneiro. 

8. O martes 1 de febreiro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores.  

9. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do luns 31 de xaneiro ao 4 de febreiro) polo cartel que considere mellor.  

10. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.

31/10/21

Concurso de vídeos: "Día da ciencia en Galego"

Poderá participar todo o alumnado de 3º e 4º da ESO

 


Bases do concurso:

 1. O concurso está organizado polo departamento de física e química do IES Monelos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado na inquedanza investigadora no ámbito das ciencias. Expecialmente na física e química. 

3. No concurso poderá participar o alumnado de 3º e 4º de ESO. O experimento terá carácter voluntario. 

4. A proba consistirá na elaboración dun vídeo caseiro sobre un ensaio relacionado coa materia de física e química. A exposición descriptiva terá que realizarse en lingua galega. 

5. O xurado estará formado por un representante do departamento de física e química, educación plástica e visual e o representante do equipo de dinamización da lingua galega. 

6. A entrega dos carteis realizarase antes do martes 30 de novembro. 

7. O martes 14 de decembro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos videos gañadores. 

8. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • 

9. A participación no consurso supón a aceptación destas bases.

23/10/21

Unha ducia de cancións dos proxectos finalistas na oitava edición dos Premios Martín Códax da música galega

 Información en Praza Pública

O vindeiro mércores, 27 de outubro, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a entrega dos Premios Martín Códax da música galega, que chegan á súa oitava edición. 51 proxectos optan aos galardóns nas súas 17 categorías, das que repasamos aquí unha manchea de cancións e vídeos musicais.

06/06/21

Sabela Castro Viana, alumna de 2º ESO B, gaña o concurso de relatos curtos da modalidade de 12-14 no XXVII Certame Literario "Xoán Díaz" organizado polo concello de Cambre

 Viaxe a ningures era o título do relato

No IES Monelos contamos cunha xove promesa da literatura. Chámase Sabela e estuda 2º da ESO.

Preguntada sobre cando apareceu a afección a escribir cóntanos que esta iniciouse desde moi pequena. Xa en primaria gustábame escribir aínda que o que máis me gusta é ler especialmente relatos fantásticos e de aventuras. Nesta liña deixeime guiar por estes relatos como por exemplo os de Edgar Allan Poe.

Este relato curto Viaxe a ningures é tamén un relato fantástico e de misterio en certa medida moi ligado ao realismo máxico onde o sobrenatural está moi presente.

Parabéns á gañadora.