Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cinema. Amosar todas as publicacións

27/05/23

Entrevista a Carla Subirana: "O océano dá de comer á Costa da Morte, como dicía Lugrís, pero tamén che quita a vida, e esa dualidade está na xente"

 Carla Subirana vén de estrear nas salas de cine Sica, o filme rodado na Costa da Morte en galego e catalá que presentou na Berlinale e co que participou no Festival de Málaga. Sica é unha longametraxe de ficción creada cunha metodoloxía documental e que conta na maioría do seu reparto con actrices e actores novos e non profesionais. Thais García, unha rapaza de 15 anos Cabana de Bergantiños seleccionada nunhas probas por institutos da zona, interpreta a Sica, a protagonista do filme, que busca respostas no mar tras o naufraxio do barco no que navegaba o seu pai. 

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

A cineasta Carla Subirana na Berlinale, onde presentou 'Sica' © Javi Quiroga
 

21/05/23

CINEMA NA ESCOLA 2023 IES MONELOS A Caída

Video elaborado polo alumnado de 1º ESO coa coordinación do profesor de tecnoloxía Ramón Espasandín dentro do proxecto Cinema na escola do concello da Coruña.

 

12/05/23

O festival (S8) proxecta 180 filmes nunha edición que homenaxea Urbano Lugrís no seu 50 cabodano

 A XIV edición do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, que terá lugar entre o 26 de maio e o 4 de xuño na Coruña, volve achegar unha coidada selección de cine de vangarda e experimental e proxectará máis de 180 pezas procedentes dunha ducia de países. Ademais, a cita será unha homenaxe ao pintor Urbano Lugrís, do que se conmemora este ano o 50 aniversario da súa morte.

Rodrigo Osorio, da Asociación Cultural O Mural, e Elena Duque, programadora do (S8), na presentación da programación e da imaxe do festival © María Meseguer

14/04/23

O novo cinema galego fórxase na illa de San Simón

Óliver Laxe, Paula Cons, Álvaro Gago ou Icíar Bollaín monitorizan o proceso de creación e desenvolvemento dos proxectos de sete novos realizadores no marco da residencia Conecta Lab.

Información de Carlos Crespo en Fugas de La Voz de Galicia


 

16/03/23

Cinema Lobeira - Análise das galas dos Mestre Mateo e dos OSCAR

Andrea Pousa, cantante e actriz - Superheroínas - Novas voces para a lingua

A cantante e actriz Andrea Pousa é unha das sete protagonistas da serie 'Superheroínas', producida pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela no marco da segunda edición do proxecto 'Novas voces para a lingua'. 

A serie foi dirixida por José Manuel Diego Ferreira, alumno de Xornalismo, e protagonizada pola cociñeira Lucía Freitas, a poeta Alba Cid, a creadora de videoxogos Laksmy Irigoyen, a xornalista Esther Estévez, a instagramer Paula Jorge, a fotógrafa Antía Castro e a propia Andrea Pousa. 

A proposta dálle continuidade a 'Novas voces para a lingua', cuxa primeira serie, 'Conseguiremos', tamén pode verse na canle de Youtube da RAG.

12/03/23

'O Corpo Aberto' consegue 12 premios na edición dos Mestre Mateo de 2023

O filme da cineasta Ángeles Huerta obtivo 12 galardóns, entre eles o da mellor longametraxe, o da mellor dirección e o do mellor guión. 

  Galardoados na edición 2023 dos premios Mestre Mateo (Foto: Academia Galega do Audiovisual).

O filme 'Matria' de Álvaro Gago emociona o público de Málaga

 A primeira longametraxe do cineasta vigués é un retrato humano da precariedade. 

Información en Nós Diario

  O director de 'Matria', Álvaro Gago, no centro, este sábado en Málaga (Foto: Fernando Sánchez - Europa Press)