Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

29/11/23

Un equipo galego participa nun ensaio pioneiro para reducir os efectos negativos da radioterapia

O proxecto pretende xerar altas doses de radiación ultrarrápida, coñecida como "radioterapia flash", mediante protóns acelerados por láser.

Información en GCiencia


 

26/11/23

Gciencia: así somos

Gciencia naceu en 2013 coa vocación de facer divulgación a través do xornalismo. Galardoado con premios tan relevantes como o Prismas ou o da Crítica de Galicia, e cunha comunidade de seguidores de máis de 130.000 persoas, o portal da ciencia galega fixo 10 anos o 25 de novembro de 2023. Neste vídeo mostrámonos aos nosos lectores tal e como somos.
 

22/11/23

Radio Monelos: programa sobre o matemático e cartógrafo Domingo Fontán

Continuamos este mes de novembro con contidos relacionados co mundo da ciencia e o galego. Neste programa de Radio Monelos as alumnas de 2º ESO B Lara Beade Hermida e Inés Insua Puente fálanos da vida do matemático Domingo Fontán e  do seu proxecto máis importante: A Carta Xeográfica de Galicia.

11/10/23

Radio Monelos: programa sobre o Centenario do Seminario de Estudos Galegos

Programa de Radio Monelos elaborado polas alumnas de 3º ESO A Catalina Bago Pérez e  Sabela García Blanco. 

Máis información: unha iniciativa do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento co apoio da Unidade Cultura Científica CSIC Galicia.

As pioneiras do Seminario  

As mulleres do Seminario  

As publicacións do Seminario  

As Xeiras do Seminario  

O Reloxo do Seminario  

A Iguana do Seminario  

Ciencias Naturais no Seminario  

A Correspondencia do Seminario

 

07/10/23

Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos

 En 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos co impulso dunha parte do estudantado da Universidade de Compostela, como Fermín Bouza-Frey ou Xosé Filgueira Valverde, que contaban coa colaboración de profesores como Armando Cotarelo, e ao que se sumaron intelectuais do galeguismo e profesionais, como Isidro Parga Pondal que encabezará a sección de Xeoquímica. 

Con máis de 200 socios e socias activas e arredor de 400 persoas que actuaban de protectoras, o obxecto de estudo do SEG foi Galiza no seu conxunto. A metodoloxía céntrase na investigación de campo, nas denominadas xeiras, e a publicación 'Terra de Melide' é froito deste enfoque integral e multidisciplinar. 

O golpe de 1936 marca diferentes destinos para quen integra o SEG que, finalmente, é disolto en 1941. 

Con motivo do centenario da súa fundación, Nós Televisión produce este documental sobre esta institución que foi clave para o noso país. No audiovisual percórrese a historia do Seminario a través do seu legado e das persoas que nos poden contar del. Todo, coa colaboración especial da USC e co apoio do Museo de Pontevedra, Concello de Santiago, Concello de Ames e Xunta de Galicia.