Amosando publicacións coa etiqueta avoas/avós b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta avoas/avós b>. Amosar todas as publicacións
13/02/21
12/02/21
30/01/21
23/01/21
16/01/21
02/01/21
26/12/20
19/12/20
18/12/20
Cap. Carmen Mougán (Camiñante ex-encargada do albergue de Outeiro, Vedra) 【Camiñantes do noso】
Carmen é a protagonista do capítulo 3 de Camiñantes do noso. Ela pertence a ese cento de mulleres que, durante a primeira onda da pandemia, quedou viúva sen poder despedirse do seu marido. Desde Orgullo Galego facémonos unha pregunta: É máis importante salvar un Nadal ou centos de vidas? A reflexión que nos deixa Carmen é a seguinte: “Tan importante é unha festa?”.
01/05/20
18/04/20
31/01/20
02/10/19
Un artista converte ás avoas galegas en superheroínas en murais xigantes
Artigo de Emilio Sánchez Hidalgo (El País 18-12-2017)
A N-550 é a estrada que cruza Galiza de norte a sur. Empeza na Coruña, pasa por Santiago, Pontevedra e Vigo e remata en Tui, na fronteira con Portugal. Joseba Muruzábal, máis coñecido como Yoseba MP, artista galego de 35 anos, a ten atravesado moitas veces. A ambos lados desa estrada poder ver a señoras faenando, sachando na horta, segando herba, cargando bolsas...
Todas vestidas co mandilón a cadros. Este coruñés leva máis dun ano pintando a esas mulleres nas fachadas dos edificios galegos. Dándolle unha nota de cor ao feismo urbanístico das nosas vilas. Móstraas como que son, superheroíndas.
Estes murais enmárcanse en Fenómenos do rural, unha serie que arrancou en forma de cadros para a Feira do Cocido de Lalín (Pontevedra). O tema desa exposición xira en torno ao cocido, un prato típico galego. Partindo diso ocurreuselle cambiar o concepto das Meigas galegas. Pera para unha mirada educada na ciencia ficción é moito máis natural que unha señora que pela unha pataca no aire sexa un jedi de Star Wars que unha bruxa, di Muruzábal.
Pouco despois, os cadros deixaron paso aos murais xigantes: Pintei o meu primeiro mural en outubro do 2016 no festival DesOrdes creativas. Os organizadores deste encontro de arte urbana animáronlle a pintar en grande. Son murais de ata 15 metros de altura. Pero, por que mulleres galegas como se tivesen poderes? Creo que a Galiza rural é un sitio atípico. O minifundio e a economía de subistencia son algunhas das causas. Non te sorprendas se ves a unha octoxenaria podando unha froiteira ou carrexando leña polo arcén da estrada.
Na Galiza rural, as casas definen as beiras das estradas, unha fila india de construcións que che levan de pobo en pobo. Cultívase durante todo o ano, un traballo de casa para o que a xubilación non existe. Para a maioría destas señoras, o traballo na horta é para toda a vida, o que as fai fortes e resistentes. Unha vida acostumada ao traballo fai que o que antes foi necesidade e obriga agora sexa o mellor dos deportes. Como non van ser superavoas se o seguen facendo, di Muruzábal. O artista consegue convencer ás avoas que pintou a través dos seus netos, amigos que tén por toda Galiza. É o caso da Greleira de 50 pés en Ordes. Lola de 91 anos, posa para Muruzábal vendendo grelos e versionando a película O ataque da muller de 50 pés (1958): A ruta do grelo é un tramo da estrada preto de entrar en Ordes onde as mulleres venden grelos preto da estrada ou da porta das súas casas.
Unha vez que coñezo á modelo e vexo a súa casa, busco a maxia. Ás veces fago unha relación coa tradición do lugar onde estou pintando e noutras, o poder está vinculado directamente ás actitudes da modelo, indica. O mural de Maruxa vai polo segundo camiño: Unha muller facendo levitar un polo e asándoo a base de ondas de calor que lle saen dos ollos. É unha obra de arte que se atopa en Santiago.
En Cambre, vila de Muruzábal, está o mural de Luisa, que aos seus 83 anos é A cortesá de Cambre, a muller acróbata. É a aboa dunha excompañeira de clase. O que hoxe é o salón-cociña comedor da súa casa, foi o bar O Novo. Abriuno co diñeiro acumulado tras anos de traballo en Inglaterra. Chegar con diñeiro para facer unha casa ou montar un negocio é un clásico da nosa terra.
Na terraza tiña case tantas bombonas de butano como galiñas. Imaxineina circense baixando a costa da súa casa enriba dunha bombona de butano e con outra na man, di o artista.
Muruzábal fai fotos ás súas modelos antes de pintalas nas fachadas dos edificios. Tén que coñecelas para saber os seus poderes. En Fina de Carballo está A muller nitromón, onde Elisa (84 anos) suxeita unha pata xigande como se fose Obélix cun menhir.
Falamos da horta e díxome que en Galiza non crecían ben as cousas ata que chegou o químico. De toda a charla quedeime coa palabra nitromón (abono químico). O resultado é un xogo entre Obélix e unha muller que fai que as súas patacas sexan do tamaño de menhires.
Muxía é terra de rochas, moitas ondas e ideal para o percebe. Alí esta o miral de Claudina (79 anos), que foi ao percece dende os 15 ata os 65 anos. Máis dunha vez case a leva o mar. Pintouna varias veces nunha secuencia saltando de rocha en roncha coma unha ninja. O mural está na lonxa: A ninja Claudina e a raspa dourada.
Nas Pontes atopamos A Carme da depuradora, Lady Falcon. A máis maior de todas. 95 anos de bo humor. O seu marido traballaba na casa da depuradora de auga. Leva máis de dúas décadas viúva vivindo sola e de forma autosuficiente. O pintor di que se autoinvitou a comer na súa casa cando rematou o mural. Non lle deixou levantarse da mesa. Todo o facía ela, despacio pero con ritmo. Limitouse a escoitar a historia da súa vida comendo a súa tortilla.
Asegura que as modelos suelen reaccionar antes os murais cun susto bo. E quedan sustos por dar: en Baio (Zas) pintou outro mural. O máis seguro é que o modelo tamén leva o babi. O uniforme de traballo do país que xa é un elemento iconográfico da terra. É o uniforme das superheroínas galegas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)