Amosando publicacións coa etiqueta audiovisual. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta audiovisual. Amosar todas as publicacións

04/03/23

Unha ducia de vídeos de Galicia no NO-DO: 40 anos dun país en branco e negro

 O Noticiario Cinematográfico Español, máis coñecido como NO-DO (acrónimo de Noticias y Documentales) funcionou como instrumento de propaganda da ditadura franquista dende o ano 1943, proxectándose nos cines antes de cada longametraxe. Galicia foi escenario ou protagonista de medio milleiro de noticias, que nunha gran porcentaxe amosaban actos e inauguracións a cargo do propio ditador e que, ademais, constribuían a asentar unha serie de estereotipos folclóricos sobre Galicia. Todo o arquivo do NO-DO, custodiado por Filmoteca Española (e as filmacións sobre Galicia tamén polo CGAI), pode consultarse online na web de RTVE.

Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública

Inauguración do ferrocarril Santiago-A Coruña (1943) (Imaxe do NODO)

01/03/23

Baiuca e Laura Lamontagne - Conseguiremos - Novas voces para a lingua

 Os músicos Alejandro Guillán 'Baiuca' e Laura Lamontagne son os protagonistas do novo capítulo da serie 'Conseguiremos', a produción da Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela coa que ambas as institucións abren o proxecto 'Novas voces para a lingua'. 

Os dous artistas conversan sobre a capacidade de chegar coa música en galego “a calquera parte do planeta”. A gravación realizouse no Porto de Santa Cruz (Oleiros).

 

24/01/23

Algúns exemplos de videos gañadores do concurso de videopoemas convocado pola Fudación Manuel María

Videopoema gañador da III edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María

Autores: Álvaro Pan Lapido e Nehuen Márquez 

Centro: IES de Monelos (A Coruña)

   

Videopoema gañador do I Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María 

Poema: Cheguei a Fisterra Autor do poema: Manuel María 

Autora do videopoema: Noa Fernández Morano , 4º ESO, curso 2016-2017.

Centro: IES David Buján (Sigrás-Cambre)


16/01/23

Na leira

Video-concerto de Mercedes Peón, Ana Fernández e Mónica de Nut interpretado na súa leira de Oza-Cesuras, en diálogo co espazo natural e inspirándose nas composicións do fotógrafo galego Virxilio Viéitez.
Esta intervención sonora e audiovisual conta coa colaboración de artistas como Laura Iturralde, iluminadora e escenógrafa, e Peque Varela, videocreadora e directora.

30/12/22

A BANDA DA LOBA - Peza documental xira Girando por Salas 2022

 Pois aquí está! Para pechar o ano queren compartir con nós esta pequena peza documental na que falan un pouco da banda e do que foi a xira de Girando por Salas. Sen dúbida supuxo unha experiencia dificilmente repetible que lles levou a Soria, Zaragoza, León, Cáceres, Sevilla, Guadalajara, Toledo e Madrid. Esperamos que vos guste.

14/12/22

A Mesa lanza Pipocas, un catálogo que recolle todos os filmes e series que están dobrados ao galego

 

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou esta mañá Pipocas, un catálogo web que recolle todos os filmes e series dobradas ou lexendadas á nosa lingua e que redirixe o público ás plataformas na que está cada título. No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos. Dende a entidade asegúrase que será actualizado de xeito permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera filme ou serie.

“Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua”, explica o responsable de comunicación da Mesa, Carlos Vieito, “especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas”. “Dende hoxe”, conclúe, “as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua”.

Información en A Mesa


 

Fálame sempre. Galego na comarca do Bierzo | Capítulo 1

 Miniserie documental de tres capítulos que ten por obxectivo documentar un fenómeno lingüístico e cultural: o galego do Bierzo. As protagonistas poñen en valor tres puntos de vital importancia para a conservación dunha lingua: a tradición oral, o apoio institucional nas escolas e a súa consagración como expresión artística.

03/12/22

O Circo de Artesáns, Ateneo de Galiza

Milleiros de coruñeses e coruñesas foron socios desta Sociedade conservándoa con orgullo e coidado até os nosos días e converténdoa na entidade deste tipo máis antiga de Galiza. Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Castelao, Vicente Risco ou Sofía Casanova foron só algunhas das persoas que atravesaron as portas. No seu interior, relevantes conferencias, célebres concertos e importantes reunións enriqueceron o xa de por si vibrante ambiente intelectual coruñés. 

A través do documental 'O Circo de artesáns, o ateneo de Galiza', realizado por Nós Televisión para o Circo de Artesáns, volvemos a percorrer os seus corredores para palpar os case dous séculos de historia e un legado que esplandece con luz propia.

19/11/22

Guadi Galego & Mäbu - Noa

Neste novo single de Guadi Galego e Mäbu xuntanse, por un lado dúas voces impresionantes do pop altertanitvo e por outro produtores con grandes inquiestudes, o resultado é un tema precioso e intenso, cunha letra de Guadi que se atreve co español unha vez máis. O seu novo disco Roiben (16/12) ten este tipo de xoias... 
 

05/11/22

Saúdos | A miña lingua, a túa lingua

 

Os retrousos da Quenlla

 Reportaxe con elementos de videoclip e de crónica docudramática en que o grupo A Quenlla recrea musicalmente 10 cantigas dun dos primeiros trobadores en lingua galega, Martín de Padrozelos. O traballo, dirixido por Xoán Piñeiro, pretende recuperar e actualizar a obra deste autor a partir da interpretación das súas cantigas realizada por A Quenlla e promover a investigación e a innovación en materia cultural e lingüística. A poeta Goretti Fariña foi a responsable do guión.