29/09/26

Falamos de Memoria: o podcast que recupera a memoria democrática da Coruña arrinca en Monte Alto

 Este mércores 30 de setembro bota a andar Falamos de Memoria, unha serie de reportaxes sonoras que percorren diferentes espazos da Coruña e da súa contorna para recuperar historias vinculadas á II República, á resistencia antifascista, á represión franquista e á memoria democrática. O podcast, producido pola Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade, está formado por dez episodios que se publicarán semanalmente ao longo deste último trimestre do ano. Todos eles comezan coa creadora de contido Prado Rúa presentándonos in situ o espazo sobre o que versa o capítulo. 

 Información en Praza Pública