05/09/26

Entrevista a Aída Estévez empresaria: "Xeracións anteriores vivían para traballar, agora a mocidade traballa para vivir"

A segunda convidada a esta serie de entrevistas é Aida Estévez, coordinadora do Círculo de Jóvenes Emprendedores (CIJE) e fundadora da consultoría viguesa Como Darwin. Reflexiona sobre como están a cambiar os valores laborais na mocidade coa que ten relación profesional, que teñen unha nova percepción das responsabilidades e priorizan o desfrute do seu tempo libre e persoal unha vez que remata a súa xornada laboral. 
📹 Esta entrevista forma parte de 'Mocidade, democracia e memoria', un proxecto da Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en Libertad. 
🗓️ Aida é tamén unha das convidadas ao I Foro Praza na Ágora que, baixo o título 'O papel da mocidade na crise democrática', se celebra o 25 de setembro no CSC Maruxa e Coralia, en Santiago, organizado pola Deputación da Coruña coa colaboración da Fundación Praza Pública. CC BY-NC-SA Praza.gal 
| Vídeo: Xarda, cooperativa galega de comunicación | Entrevista: Paula Cermeño / Pablo Vázquez

 Información en Praza Pública