Hai uns días pechouse en Carballo unha nova edición do Rexenera Fest, dúas semanas nas que a vila bergantiñá ampliou a súa condición de museo ao aire libre con cinco novos murais. Ademais, houbo obradoiros, música, rutas guiadas e outras actividades. Dende o 2015 Carballo recibe todos os anos a algúns dos mellores creadores deste ámbito. A cita serve tamén para rexenerar ou embelecer espazos da vila, que pasan a acoller unha obra de arte e converterse nun lugar singular, irrepetible. Repasamos aquí algúns dos murais dos últimos anos.
