02/05/26

San Hermenexildo 2026- Pontedeume GZ

Este ano o San Hermenexildo celebrouse en Pontedeume un 25 de Abril. Fermoso día sábado, esta vez sen caraveis pero con narices de paiaso. Non é que o 25 de Abril sexa o día do santo, de feito o santo é o de menos, xa que é un personaxe un tanto siniestro con devotos todavía máis siniestros, pero ten un nome simpático, ideal para nomear un festival coma este. É que si, en Pontedeume celebramos os santos como queremos e cando queremos, salvo San Miguel, claro, que esas datas son sagradas. 
Coma sempre a celebración está adicada a Mateo, que unha vez máis e a pesares de non estar xa con nós, si que está con nós, un caso máis dese realismo máxico tan común por estas terras. 
Un montón de xente implicada, músicos, técnicos, hosteleiros....e aínda máis xente disfrutando da xornada, nenos, non tan nenos e maiores. Moitas grazas a todas elas. Porén, por riba de todos dúas personas, Nando e María, sen os cales esta celebración non tería existido. Para eles vai toda a miña admiración, o meu cariño e o meu repecto. 
Porque mentres os recordamos sempre estarán con nós e nunca se marcharán. Cando a música se escoite, cando alguén actúe ou unha risa resone nas nosas rúas, sabemos que seguirán estando aquí con nós. É a máxia de Pontedeume e as súas xentes. É a máxia de San Hermenexildo. Porque foron somos, porque somos serán. Viva San Hermenexildo.