A cormelá Diana Varela Puñal realizaba a estrea de “Serea e Ulises”, unha fermosa edición facsimilar dunha serie de poemas relacionados co mito romano, pero dende unha perspectiva diferente: A da Serea de Tahormina. Un libro que destila amor polos catro costados, pero non ese amor apegado de esixente responsabilidade emocional, senón do amor máis libre, máis puro. Porque aínda que Ulises e a Serea se amen profundamente, esta déixalle claro que a ficar sentanda texendo, a Ítaca non pensa ir. Foi no local da Asociación de Veciños da Agra do Orzán.
Información de Ubaldo Cerqueiro en Xornal da Coruña
