30/04/26

O Seminario de Onomástica responde: Esmelle | Iván Méndez López

Begoña Caamaño publicou, alén doutros textos, dúas obras narrativas: Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. Con esta última novela recibiu, entre outros, o Premio da crítica galega en 2012. Nela, adoptou a temática do ciclo artúrico ou materia de Bretaña, isto é, o universo descrito por Álvaro Cunqueiro no seu libro Merlín e familia. A trama desenvólvese na Fraga de Esmelle, nas Terras de Miranda; ambos os dous son topónimos de ficción que Álvaro Cunqueiro tomou de dous lugares importantes na súa traxectoria vital e que Begoña Caamaño fixo seus. Esmelle é un topónimo único no Nomenclátor de Galicia, mais non por iso é unha incógnita toponímica. Iván Méndez, técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, achéganos neste vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde a principal hipótese sobre a súa orixe etimolóxica.