28/03/26

O Leyma Coruña fai os deberes e firma unha nova vitoria no seu feudo

Non hai partido doado e o desta noite tampouco o foi. O Grupo Caesa Seguros FC Cartaxena CB saíu forte e non desistiu no intento de dobrar o brazo ao líder, cunha agresiva defensa e intensidade en ataque, facendo perigar en ocasións o dominio que exerceu o Leyma Coruña na maior parte do duelo. Os de Carles Marco mantiveron o control e o xogo rápido a pesar dos intentos do rival de frear o ritmo e de reducir distancias na recta final, rematando cun 82-77 no marcador. Nova vitoria laranxa, novo clamor do Coliseum e un novo MVP para Caio Pacheco con 7 puntos, 11 asistencias e 21 de valoración.

Información en Basquet Coruña