22/03/26

Golpe de autoridade da escuadra laranxa ante os seus

O Leyma Coruña recuperou a chispa e as sensacións no seu duelo en casa ante o Grupo Ureta Tizona, que entrou ben ao partido pero que non tivo a fortaleza mental para aguantar unha escuadra laranxa que fixo gala da súa identidade, gañando a batalla do rebote e facendo as delicias da Familia Laranxa co seu xogo vertixinoso en toda a pista para finalizar o choque cun 105-84 que equipo e afección dedicaron ao unísono a Dino Radončić, que transmitiu o seu alento a pé de pista durante os 40 minutos. O MVP do partido foi Guillem Jou, con 14 puntos, 3 rebotes, 3 asistencias e 20 de valoración.

Información en Basquet Coruña