Neste 8M celebramos a sororidade entre as amigas, compañeiras no camiño da vida e das emocións. Unha conexión única e especial que temos a sorte de vivir dentro desta manda desde hai case 10 anos e tamén no noso día a día con todas vós, as nosas AMIGAS, coas que tecemos a rede que nos sostén, que nos permite ser felices e, sobre todo, libres para vivir como nos pete. A letra da canción está inspirada no libro de Irene Solá, “Canto eu e a montaña baila”