06/02/26

O primeiro episodio de Ouvinte na vila defende o “xornalismo de corredoiras” para que non veñan os de fóra falar por nós

O xornalismo de corredoiras, a necesidade de ir ao lugar e contar o que alí sucede por nós mesmas e mesmos. Esta foi unha das ideas que puxeron en valor as participantes no primeiro episodio do podcast Ouvinte na vila, a edición sonora da serie de reportaxes multimedia que a revista VINTE desenvolve coa colaboración da Caixa Rural Galega para coñecermos mellor as vilas e cabeceiras de comarca galegas a través das voces das persoas e o achegamento ao territorio. 

Información en Vinte