Como afecta á sociedade vivir entre o real e o virtual? Perdemos a humanidade e a empatía cando nos manipula o algoritmo? Que significa ter identidade sen corpo físico?
A exposición «Mundo expandido. Entre o físico e o virtual» chega o 4 de febreiro de 2026 á Cidade da Cultura e lánzanos un feixe de interrogantes sobre os efectos da explosión dos mundos virtuais nas nosas vidas. A partir de obxectos históricos, instalacións interactivas e obras artísticas, a mostra convídanos a unha reflexión colectiva sobre a pulsión humana por crear e habitar mundos simulados.