19/11/25

Entrega dos premios do V Certame de Cociña de Outono do IES Monelos

Participaron 15 concursantes os gañadores foron:

Emma Bahamonde Seijo e Daniela Blas Rodríguez de 1º ESO B que presentaron unha tarta de obleas.

Lara Beade Hermida, Inés Insua Puente e Sabela Gago Alamparte de 4º ESO B cun brownie de chocolate.

Dado que estes dous platos recibiron a mesma puntuación por parte do xurado levaron o 1º premio.

O segundo premio foi para Rafaela Rodríguez Gálvez e Noa Mera Somorrostro de 1º ESO B por brookies brownies.

Grazas a tod@s @s participantes e parabéns as gañadoras!