Diego Giráldez (O Porriño, 1976) fala da protagonista da súa última novela como se viñera de tomar café con ela, tanto é así que por momentos resulta difícil lembrar que é unha invención, que toda a novela é ficción. Pero iso sucede porque nas historias de ficción sempre hai moita máis realidade da que ás veces se quere recoñecer. Neste caso, o Giráldez historiador da arte, o xornalista e o escritor conxugáronse para escribir esta historia en nome dunha muller, Pilar Fonte, coa entidade suficiente como para seguir acompañando ao seu autor alí onde vai falar da novela en cuestión, As obras póstumas, gañadora do XLIII Premio Blanco-Amor de Novela e editada por Xerais. Un libro que xa vai pola súa segunda tirada e no que o porriñés recupera as sensacións de Galería de saldos (Xerais, 2016), un conxunto de relatos moi ben acollido pola crítica.
Información de Ana G. Liste en Praza Pública