04/04/25

Unha ducia de creadoras premiadas na gran festa da cultura da Coruña

 Información en Praza Pública

O Teatro Colón acolle o 10 de abril a cuarta edición da Gala da Cultura da Deputación da Coruña, na que se entregarán os nove premios cos que o ente provincial recoñece o labor creativo noutras tantas disciplinsa, dende a banda deseñada á poesía, pasando pola fotografía e a música. De música e baile haberá moito nesta festa, da man de Alana e do coreógrafo e bailarín Fran Sieira. Velaquí os 14 premiados e premiadas.