11/02/25

Radio Monelos: programa musical sobre "Resaca emocional" celebrando este San Valentín

Programa elaborado polas alumnas de 4º ESO Catalina Bago e Sabela García sobre un novo grupo galego chamado RSK Emocional. Este 14 de febreiro, día de San Valentín, presentan o seu primeiro traballo titulado "De amor". 

En Radio Monelos adiantamos os seus primeiros catro temas a partir dunha entrevista realizada pola xornalista Vanesa Vázquez para o semanario Vinte na que participan algúns dos membros como Berto Mira, Ash Diz ou Rocío Campoy  deste colectivo artístico amplo e diverso. Que disfrutedes do día acompañados da súa música!

Videoclips que adiantan o LP "De amor": "Ondas sonoras de Xúpiter 24/7", "Sae o sol", "Mario Crush" e "Bolboretas"