02/12/24

Xosé González, Pepiño de Redondela: "Hai que ilusionar o funcionariado para que abandone a diglosia"

Xosé González Martínez, máis coñecido como Pepiño de Redondela, é un promotor do uso da lingua galega nos sectores da xustiza, na administración e na economía. Desde a súa mocidade militou no nacionalismo galego sendo membro da dirección da UPG ata que o expulsaron en 1976. González foi funcionario da administración local sendo fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e da Asociación de Xuristas en galego. 

 

É presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto, un dos creadores do Premio Blanco Amor. Tamén impulsor da Fundación Galicia Empresa e da Fundación Lois Peña Novo, e presidente do Foro Enrique Peinador. En 2004 recibiu a Medalla Castelao. 

COÑECER ➕SOBRE ESTE DEBATE POLO GALEGO: 

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos convocou ás forzas políticas con representación no Parlamento a un encontro para abrir un "proceso de diálogo" cara a un novo "pacto pola lingua" logo do 20 aniversario do Plan Xeral de Normalización Lingüística que no seu día fora aprobado por unanimidade en sede parlamentaria. 

Isto, que xa fora anunciado antes do Día das Letras, foi recollido con escepticismo polos partidos políticos da oposición e algunhas entidades da lingua. Moitas delas pasaron xa polas cámaras de Nós Televisión para trasladar a súa postura desde unha posición de reflexión e que podes atopar nesta canle de youtube. 

Interésache este debate? Deixa en comentarios a túa valoración e que persoa consideras relevante nesta busca de consensos arredor da lingua galega!