Este xoves 7 de novembro comezou a edición número 38 de Cineuropa, o festival que todos os meses de novembro trae a Compostela unha escolma con algúns dos mellores filmes do ano, sesións especiais, retrospectivas e outras actividades relacionadas co cine. Ata o 24 de novembro proxectaranse 130 títulos, nunha entrega que pon o foco na liberdade e no futuro da democracia, tomando como base a actualidade política nos Estados Unidos. Velaquí unha ducia dos títulos máis destacados desta edición
Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública