02/11/24

Irmás Cartoné, unha década traendo historias ao galego para que resoen entre diferentes xeracións

 A editorial Irmás Cartoné fai unha década traducindo ao galego clásicos da literatura universal: historias de diferentes épocas e temáticas que teñen moi en conta a quen escribiu desde as marxes. "Se un libro sobrevive (ou non) no tempo vese a posteriori, nós realmente xogamos sobre seguro niso", afirman as editoras e tradutoras detrás deste proxecto, Celia Recarey Rendo e Carlos Valdés García.

Información de Ana G. Liste en Praza Pública

Últimos libros publicados por Irmás Cartoné este ano © Irmás Cartoné