A memoria literaria está presente no concello da Estrada onde existe un legado cultural se que permanece vivo a través de cinco premios literarios que impulsan a creación nos xéneros da poesía, novela, álbum ilustrado, xornalismo e no teatro.
Manuel García Barros, xornalista e escritor anticaciquil, dá nome ao prestixio Premio á mellor novela. Un galardón que leva outorgándose desde 1989. Séguelle o Avelina Valladares, en poesía; o Manuel Daniel Varela Buxán en teatro, Manuel Reimóndez Portela, no xornalismo e o Alberte Quiñoi, que dá nome ao Premio de Álbum Ilustrado.
Desde o CEIP do Foxo, no propio concello da Estrada, abordamos xunto co profesor Xosé Luna, como inflúen os premios literarios na mocidade, e entramos na Casa das Letras con Carlos Loureiro para entender como se creou este amplo abano de galardóns. O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, recíbenos na Casa do Concello para abordar o papel das institucións na xestión cultural e literaria local.
Descubrimos tamén como entenden estes premios algunhas das últimas creadoras premiadas como é o caso de Abel Tomé, Premio García barros 2024 e Laura Cid, Premio Alberte Quiñoi 2023, con quen falamos na Fundación Eugenio Granell.