02/03/24

Mondra & AIDA & Berto - RUANDO (Crónicas d'ARDĒN - CAP. II)

Mondra representa coma ninguén a nova xeración de creadoras que está a revolucionar a escena da música en galego. En RUANDO, un novo adianto do seu álbum debut, que viu a luz o pasado 20 de setembro de 2023, conta coa colaboración dunha das Tanxugueiras: AIDA. 

Mondra é artista, cantareiro e bailador. Con ARDĒN, o seu primeiro traballo, presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega. AIDA devolve esperanza a ARDĒN. Ao seu carón, as ARDENTES celebramos a nosa resistencia. Porque, por enriba de quen non nos quere libres, a FOLĪA segue a ser o noso espazo libertario.