19/09/23

A Mesa pide ao Consello da UE que vote a favor da oficialidade do galego na Unión Europea

A vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Elsa Quintas, participou no Parlamento Europeo nunha rolda de prensa na que a Rede Europea de Igualdade Lingüística (ELEN) pediu aos Estados membros da Unión Europea que voten a favor do recoñecemento pleno da oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro na Unión Europea.