12/05/23

Roteiro rosaliano do alumnado de 1º de bacharelato do IES Monelos

O pasado mércores día 3 de maio, organizado polo departamento de Lingua e Literatura Galega do Centro, o alumnado de bacharelato realizou o “Roteiro Rosaliano”.
A primeira parada deste roteiro realizouse na Casa Museo de Rosalía de Castro, alí todo o alumnado recibiu unha charla introdutoria á visita posterior pola casa e a súa contorna. Logo de tirar fotografías e falar sobre cuestións diversas, entre elas: fotos da autora e da familia, aspectos sobre Murguía ou o virtuosismo do seu fillo Ovidio, pasaron á lectura de varios poemas de Rosalía. 
A lectura dos poemas realizouse desde a solaina e as encargadas de realizala foron África, Antía e Lucas. 
Partiron da Casa Museo e foron dar un paseo pola vila de Padrón, de seguido continuaron cara Compostela, segunda parada do roteiro. Visitamos o Panteón de Galegos Ilustres onde o alumnado se interesou polos persoeiros insignes alí soterrados. Diante da tumba de Rosalía, unha alumna, Andrea, e un alumno, Antonio, realizaron cadansúa lectura de textos rosalianos. Finalizamos o roteiro, achegándose á alameda compostelá para visitar no Paseo da Ferradura a fermosa estatuta dedicada á memoria da autora.