Coincidindo co 137 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a Fundación que leva o seu nome presentou a súa reformada web, un máis do cambios que está a presentar nos últimos meses a institución, presidida dende o pasado mes de outubro por Miguel Anxo Seixas Seoane. A Fundación Castelao reclama unha nova sede en Compostela, a posta en marcha dun museo en Rianxo e que a estación de tren de Santiago tome o nome do intelectual.