16/09/22

Xoias: dez anos de conversas en todos os galegos

 Documental que se constrúe coa recompilación, ao longo de dez anos, de entrevistas a persoas de toda Galicia: empresarios, redeiras, gandeiros..., cos que se manteñen conversas espontáneas sobre temas variados. Ao final, o lingüista Xosé Manuel Sánchez Rei comenta a diversidade lingüística que a reportaxe amosa. Porque, se o que se relata é importante, a lingua en que se relata debuxa un panorama dunha relevancia cultural extraordinaria.