17/09/22

Manuel Portas: "Necesitamos reintegrar o galego no seu sistema orixinario"

 Manuel Portas é profesor e director do Instituto Xelmírez 1, en Compostela, sociolingüista e militante a prol do galego. Tamén ten publicado ensaios como 'Lingua e sociedade na Galiza' e novelas como 'Lourenço xograr' e 'Por puntos' coas que gañou os premios García Barros e Blanco Amor respectivamente. 

Portas foi membro da comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística, desempeñou postos na dirección da AGAL e foi membro do Consello da Nosa Terra. Falamos con el sobre o pasado, presente e futuro da lingua galega.