06/09/22

Atardecer no Gaiás 2022 - Video resumo

 Atardecer no Gaiás deixounos 16 solpores musicais en xullo e agosto cos que percorremos estilos e xeografías diversas para coñecer o mellor do que está a soar no panorama musical galego e español: pop, psicodelia, canción de autor e flamenco, pero tamén propostas que renovan a tradición a través da experimentación sonora e a electrónica, e unha boa dose de ritmos urbanos —electrocumbia, trap, hip hop— para animar as tardiñas de verán na Cidade da Cultura.