24/09/22

“Arraianos chega ao límite da condición humana”

Sarabela vén de estrear Arraianos, a primeira adaptación teatral do libro homónimo de Xosé Luis Méndez Ferrín. A compañía ourensá escolleu dous relatos desta obra, Medias Azuis e Lobosandaus. A violencia contra as mulleres e a tamén violencia da pobreza e da desigualdade social no tempo do agrarismo. A política atravesa estes dous contos dos que Sarabela trata de dar unha visión desde múltiples perspectivas, mais contemporánea. Falamos coa directora, Ánxeles Cuña. 

Entrevista a Ánxeles Cuña en Praza Pública

'Arraianos' de Sarabela © Rubén Vilanova