18/09/22

A serie "O Señor dos aneis" xa se pode ver en galego

 Dende o 2 de setembro a plataforma Amazon Prime estreou a serie "O señor dos aneis: o poder do anel", que tamén se poderá ver con subtítulos e dobraxe en galego. Así o anunciou a Secretaría Xeral de Política Lingüística na súa conta de Twitter, que aplaude o estreno, que se suma ás traducións dos libros de Tolkien.

En total, haberá 8 entregas que de forma semanal achegarán esta nova serie da saga inspirada nas obras de J.R.R. Tolkien.