01/09/22

A fotografía humana de Nicolás Muller en 'A Vía da Prata. Aires do Sur'

 Nicolás Muller foi un dos fotógrafos documentalistas máis importantes do século XX. Dotado dunha sensibilidade única para retratar a vida, as súas imaxes destacan pola súa humanidade e polo compromiso coa realidade social do seu tempo. "Eu mesma sorpréndome cada día ao ver que o tocou todo, que estivo en todas partes", cóntanos a súa filla, a tamén fotógrafa Ana Muller. 

 En 'A Vía da Prata. Aires do Sur' podemos contemplar unha vintena das extraordinarias imaxes da vida nas vilas e cidades que Muller tomou durante as súas viaxes por Estremadura, Castela e León e Galicia. 

Exposición 'A Vía da Prata. Aires do Sur' Comisariada por Lucía Laín