15/06/22

'O libro negro da lingua galega', 500 anos de represión sobre o galego

 'O libro negro da lingua galega', obra de Carlos Callón editada por Xerais, recolle testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos: dende a crueldade dos castigos nas escolas á profanación da lápida de Alexandre Bóveda para que lle castelanizasen o nome ou mesmo unha negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. 

 🗣 Nós Televisión aborda a obra co autor, a editorial mais co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.