Non é un bosque solitario mais tampouco unha casa encantada, aínda que quedaredes encantadas cando entredes. É a biblioteca Sagrada Familia, que garda historias terroríficas, para nenos e nenas, para persoas adultas e para todo tipo de seres sobrenaturais se se presta. Esta semana vinde á biblioteca para celebrar o Samaín… como mandan os seres sobrenaturais… Atrevédesvos?