Información de Marcos Pérez Pena en Praza Pública
Do mércores 8 ao sábado 11 de setembro
1. 23 webseries de todo o mundo compiten na sección oficial. Hai propostas de Arxentina, Chile, Ecuador, Canadá, Estados Unidos, Australia, Alemania e Israel, ademais de Galicia e do resto de España. A categoría de Versión orixinal en galego inclúe cinco títulos: Arrieiros Somos, Mataría MicroSerie, Pandemials e Dúo Vaguedades.
2. Os e as 'masters' da Internet en Galicia
O Interplay reune aos "Masters da internet" de Galicia no "primeiro encontro transversal da creación galega online", que reunirá creadoras e creadores de series web do pasado, do presente e do futuro, de podcasts, de Youtube, de Tik Tok, de Twitter e de Twitch. Participarán Olaxonmario, Nee Barros, Isaac González, Samuel L. París, Jon Amil, Agos Reigosa, entre outros e outras.