Na parroquia de Santa Cecilia, e a unha altitude de 429m, atópanse os restos da fortaleza A Frouxeira. Nesta fortaleza gorecíase o mariscal Pedro Pardo de Cela, que grazas á súa situación estratéxica facían dela un bastión natural practicamente inexpugnable.
Esta fortaleza sufriu graves danos durante a Revolta Irmandiña e foi reconstruída. Non obstante o asedio por parte das tropas reais do Gobernador Fernando de Acuña, supuxo a súa destrución definitiva.